+ que Fisio

Pilates Terapéutico en grupos reducidos

O Pilates é un método de exercicios sen impacto pensado para traballar a alineación e o equilibrio de todo o corpo. Recoméndase a súa práctica a calquera idade, sempre que a técnica utilizada sexa a correcta e estea dirixida por profesionais especializados e con experiencia.

Impartido por fisioterapeutas con obxectivo terapéutico, o Pilates está indicado tanto en persoas sanas como naquelas que padezan algunha lesión ou doenza crónica.

En LOIS impartimos clases en grupos reducidos, nas que traballar a corrección postural, forza, elasticidade muscular e mobilidade articular dos participantes.

Deste xeito o Pilates convértese nun programa de exercicio moi axeitado para a corrección postural, a recuperación de lesións e o establecemento da funcionalidade óptima do movemento.

Infórmate e inscríbete!

986 89 10 89

Vendaxe neuromuscular kinesio taping

Un dos métodos utilizados polos fisioterapeutas de LOIS de xeito habitual é a vendaxe neuromuscular kinesio taping.

Deseñada para facilitar o proceso de curación natural do corpo, esta cinta proporciona estabilidade e soporte a músculos e articulacións, sen restrinxir o movemento.

Para que a aplicación desta cinta teña efecto terapéutico é preciso ter coñecementos anatómicos de cada músculo (forma, tamaño, orixe, lugar de inserción e acción).

O verdadeiro efecto do kinesio taping se debe á elasticidade da cinta, que produce un efecto físico de tracción na pel e na fascia superficial.

A cor da vendaxe non inflúe nos resultados terapéuticos, pero si a forma do corte, a tensión coa que se aplica e o seu sentido.

Solicita máis información no 986 89 10 89

Punción Seca para tratar puntos de gatillo

A PUNCIÓN SECA é unha técnica de Fisioterapia que consiste no emprego dunha agulla sobre os nos de contracción muscular (PUNTOS GATILLO ou nódulos musculares), co obxecto de tratar o síndrome da dor miofascial.

Grazas á punción seca reláxanse e desbloquéanse as fibras do músculo danado, que así se rexenera de xeito máis rápido e aliviamos de forma inmediata entre un 20-25% da dor.

Técnica aplicable en caso de traumatismos, sobrecargas, contracturas musculares, fatiga muscular, dor cervical, dor dorsal,  dor lumbar…

Esta práctica, combinada coa terapia manual, representa una de las técnicas máis eficaces para o tratamento dos puntos gatillo

Infórmese e pida cita en Centro de Fisioterapia LOIS

986 89 10 89

Entidade Prestadora de Servizos Sociais RUEPPS E-6360

 

Os usuarios de Centro de Fisioterapia LOIS que reciben tratamento de Fisioterapia Neurolóxica poden beneficiarse das Axudas para a promoción da autonomía personal de persoas con discapacidade que financia a Xunta de Galicia (Consellería de Política Social)

O noso centro figura no REXISTRO DE ENTIDADES PRESTADORAS DE SERVIZOS SOCIAIS da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia (RUEPSS nº E-6360), como Sociedade de Iniciativa Privada que desenvolve a súa actividade na área de Dependencia para o ámbito xeográfico de Galicia.

INFÓRMESE no departamento de SERVIZOS SOCIAIS do seu concello ou chámenos.

FISIOTERAPIA RESPIRATORIA PEDIÁTRICA

As alerxias e os primeiros catarros poden afectar de xeito importante aos mais pequenos da casa.

Os nenos non teñen a mesma capacidade que os adultos para afrontar cambios climáticos ou para combater axentes patóxenos como virus ou bacterias, xa que nin o seu sistema respiratorio, nin  o seu sistema de defensa está completamente desenvolvidos. O que para un adulto pode ser un simple arrefriado, para un cativo pode derivar en nun proceso infeccioso (bronquiolitis, pneumonía…).

No Centro de Fisioterapia Lois tratamos a bebés e nenos para axudarlles a previr, curar e evitar recidivas de enfermidades respiratorias. Aplicamos técnicas que son indoloras para a criatura coa fin de axudarlle a mobilizar o exceso de moco que por si soa non é capaz de eliminar.

Deste xeito pódese previr a instauración de infecciones broncopulmonares, co conseguinte dano estrutural que causarían no aparato respiratorio do neno.