Fisioterapia Lois

UN CENTRO DE FISIOTERAPIA DE REFERENCIA

Establecido en Marín en 1992 baixo a dirección do fisioterapeuta Lois González Dopazo, prestixioso profesor da Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo (agora xubilado),
o noso centro conta cun equipo de profesionais con gran formación e ampla experiencia en todo tipo de técnicas de fisioterapia.

Previa cita, realizamos tratamentos individualizados de terapia manual, electroterapia, ultrasón, láser, magneto terapia, termoterapia, vendaxe funcional, Kinesio tape, parafina e punción seca.

Dende as últimas décadas somos un dos centros de referencia en Galicia para o tratamento de todo tipo de patoloxías neurolóxicas, xeriátricas e neurodexenerativas: Ictus, TCE, lesións medulares, dano cerebral, Párkinson, Esclerose... 

LOIS trata todo tipo de enfermidades pediátricas: Tortícolis infantil, luxación conxénita de cadera, pés equinovos/cavos, parálise braquial ou síndromes conxénitas.
Infórmate sobre os nosos tratamentos de Fisioterapia Respiratoria Infantil, indicados para previr, curar e evitar recidivas de enfermidades respiratorias en bebes e nenos.

Tamén somos especialistas en Fisioterapia Deportiva, Reumatolóxica, Laboral e Ortopédica. Tratamos pacientes con dores cervicais, lumbalxias, esguinces, contracturas...

Realizamos terapias de rehabilitación, pre e post operatorios de próteses de cadera e xeonllo, con excelentes resultados.

Se tiveches un accidente de tráfico, recorda que tes dereito a elixir centro médico para recibir asistencia. Acude a LOIS para realizar o tratamento de Fisioterapia axeitado.

Infórmate sen compromiso no 986 89 10 89.

Centro de Fisioterapia LOIS figura no REXISTRO DE ENTIDADES PRESTADORAS DE SERVIZOS SOCIAIS (RUEPSS nº E-6360) da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, como Sociedade de Iniciativa Privada na área de DEPENDENCIA (ámbito xeográfico autonómico). Centro sanitario REXCEC36-001963

FISIOTERAPEUTAS COLEXIADOS CON AMPLA FORMACIÓN

En Centro de Fisioterapia LOIS contamos na actualidade cun renovado cadro de profesionais con ampla formación e experiencia contrastada, que fomos incorporando ao noso equipo para dar a mellor resposta ás necesidades terapéuticas dos nosos usuarios. Coa garantía de que os pacientes de LOIS son sempre atendidos por fisioterapeutas colexiados:

Beatriz Otero - Colexiada CPFCM 13543 (Colegio Oficial de Fisioterapeutas de Madrid).

Abelardo Andrada - Colexiado COFEXT 1251 (Colegio Oficial de Fisioterapeutas de Extremadura).

María Montalván - Colexiada COFIGA 3337 (Colegio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia).

Fisioterapia convencional con tarifas reducidas

En Centro de Fisioterapia LOIS podes atopar alivio e solución aos teus problemas musculares e articulares, en poucas sesións de tratamento e con prezos axustados.

Realizamos todo tipo de tratamentos de Fisioterapia convencional: Electroterapia, Magnetoterapia, Termoterapia, Crioterapia, Mecanoterapia e Masaxe Terapéutico (descontracturante, deportivo, relaxante, drenaxe linfático) sempre por fisioterapeutas colexiados.

Porque en LOIS poñemos os Tratamentos de Fisioterapia ao alcance de todos os petos.

 

CONSULTA AS NOSAS TARIFAS:

Sesión de Fisioterapia Simple desde 18* € (1 zona corporal)

Sesión Fisioterapia Combinada desde 25* €/sesión

Sesión Fisioterapia Neurolóxica desde 30* €/sesión

Infórmate e pide a túa cita no 986 89 10 89

 

 *Importes aplicable a pacientes privados directos ata 31 de diciembre de 2019

FISIOTERAPIA NEUROLÓXICA

O prestixio do fundador do noso centro, o profesor Lois González Dopazo, converteu a nosa clínica nun dos centros de referencia en Galicia para o tratamento de pacientes afectados por patoloxías neurolóxicas.

Na actualidade contamos cun equipo de fisioterapeutas especializados no tratamento de secuelas de Ictus, TCE, lesións medulares, dano cerebral, esclerose, Párkinson, Alzheimer...

Infórmate no 986 89 10 89

Os usuarios do noso centro poden beneficiarse das Axudas para a promoción da autonomía personal de persoas con discapacidade que financia a Xunta de Galicia (Consellería de Política Social)

Entidade prestadora de Servizos Sociais RUEPSS Nº E-6360 (Dependencia).

 

Se tiveches un accidente de tráfico, acude a LOIS

Se tiveches un ACCIDENTE DE TRÁFICO e precisas tratamento para recuperarte das túas lesións, acude ao noso Centro.

A túa COMPAÑÍA de SEGUROS conta con CENTROS SANITARIOS CONCERTADOS para atenderte. Pero recorda: eles TRABALLAN PARA A COMPAÑÍA de seguros.

Tamén tes, por Lei, a opción de ACUDIR AO TEU MÉDICO e FISIOTERAPEUTA DE CONFIANZA para recibir un tratamento máis personalizado. Se elixes esta opción, o seguro pode autorizar as sesión de tratamento en Centro de Fisioterapia LOIS ou, de non facelo, deberá reembolsarche o custe do tratamento presentando a factura e o informe do teu médico.

Infórmate sen compromiso no 986 89 10 89

EN CASO DE ACCIDENTE, CALES SON OS TEUS DEREITOS?

Asistencia Sanitaria gratuíta e inmediata: Consultas con médicos especialistas, tratamentos de fisioterapia, etc.

Para todos os lesionados: Condutores, pasaxeiros, ciclistas, peóns, independentemente de que sexas culpable ou afectado

En centros privados:  Acudindo ao teu médico ou fisioterapeuta de confianza

Sen coste algún: O seguro deberá reembolsarche os gastos creados

Asistencia xurídica: A cargo do seguro na maioría de casos

Si no coche ían máis persoas, todos os lesionados teñen dereito a esta asistencia?

Si, todos: Condutores*, ocupantes, ciclistas e peóns, sexan ou non culpables do accidente.

*(Os condutores están cubertos sempre que haxa máis dun vehículo implicado ou se na póliza contan con cobertura de accidentes – o máis habitual).

QUE ACONTECE SE O TEU ACCIDENTE SE PRODUCIU AO ENTRAR OU SAÍR DO TRABALLO? ACCIDENTES "IN ITINERE"

Este tipo de accidentes considéranse laborais. Será a túa Mutua de Accidentes laboral quen se fará cargo do seguimento da asistencia, pero a cobertura da mesma corresponderá á Aseguradora do vehículo que ocasionou o accidente.

NECESITO AUTORIZACIÓN DA MIÑA COMPAÑÍA PARA ACUDIR A CENTRO DE FISIOTERAPIA LOIS?

As compañías ofrecen os seus servicios propios, xa que teñen establecidos convenios con determinados centros médicos. Aínda que Centro de Fisioterapia LOIS non se atope entre os centros con convenio coa túa compañía, ti tes dereito a elixir onde recibirás tratamento.

Se a túa aseguradora autoriza a realización o tratamento de fisioterapia no noso centro, nós ocupámonos de todos os trámites.

Se non recibes autorización, só precisas acudir ao teu médico e, coa súa prescrición, comezar o tratamento de fisioterapia no noso centro. Nalgúns casos é preciso que o paciente adiante o pagamento do tratamento, pero presentando a factura e un informe de evolución a compañía deberá reembolsar o custe do tratamento.

LEMBRA QUE …

Existe un dereito (dos lesionados) e unha obriga (das Compañías Aseguradoras) de garantir a asistencia a todos os afectados en accidentes de circulación.

E o máis importante

TI PODES ELIXIR COMO E ONDE TRATARTE

Para calquera aclaración, ponte en contacto con Centro de Fisioterapia LOIS.

TELEFONO 986 89 10 89

consultas@fisioterapialois.es